martes, 13 de marzo de 2012

Xa é primavera... en Silvoso.

Con este tempo tan seco e soleado que temos xa nos esquecemos do señor inverno, que en poucos días marchará para dar entrada a unha nova estación: PRIMAVERA. Para darlle a benvida comezamos a pintar un mural moi primaveral que iremos completando ao longo dos días. Polo de agora utilizamos témpera líquida, que aplicamos con diferentes técnicas: con pincel, con rolo e con esponxa, facendo estampación. Algunhas fotos do traballo podedes velas a continuación.
                        



6 comentarios:

  1. Pero bueno, que bonito vos está quedando, chic@s, espero velo o próximo luns e seguro que preciosísimo, sen dúbida!!!!

    ResponderEliminar
  2. Dádesme moita envexa, pintar é unha das cousas que mais me gusta. Estavos quedando "very beautiful". Noraboa. Vémonos mañá.

    ResponderEliminar
  3. ¡¡QUé bonita es la primavera y qué bonito os está quedando el mural! Nosotros aun no empezamos, pero empezaremos pronto!! A ver si también os gusta. Muchísimos besos

    ResponderEliminar
  4. Grazas polos vosos comentarios porque nos gustan moito. Estaremos moi atentos para cando fagades os vosos traballos, seguro que estará very beautiful!!!! Moitos bicos dos silvosiños.

    ResponderEliminar
  5. Hoxe tiven a ocasión de velo "en directo" e ¡¡ estavos quedando P-R-E-C-I-O-S-O!! Noraboa polo traballo. Biquiños!!

    ResponderEliminar
  6. A min tamén me gusta un montón. Nós tamén comezamos o noso pero vainos levar moito tempo. Xa o veredes. Un biquiño.

    ResponderEliminar