miércoles, 21 de marzo de 2012

Sorpresa primaveral.

Hoxe á primeira hora da mañá Mateo e a súa mamá Chus sorprendéronnos cun fermosísimo ramo de flores para darlle a benvida como se merece á Primavera. Chus é florista e fixo este ramo para nós con moitas e coloridas flores. Díxonos o nome de todas elas e tamén nos contou a historia do narciso. Ao longo da mañá puidemos observar que... as flores ían abrindo!! Ao final da xornada tamén aproveitamos para recordar os nomes de todas as flores, intentar identificalas e escribir o seu nome. Saímos todos contentiños cunha flor cada un para levar á casa e contarlle ás nosas familias esta bonita sorpresa.
A ver, a ver... recordamos: narciso, sempreviva, lilium, ranúnculo, cala, rosa, alelí, xazmín... non sei se esqueceremos algunha!!




Moitas grazas a Mateo e á súa mamá!!!

4 comentarios:

  1. Que ramo máis bonito! Que sorte tuvéchedes! Unha entrada da primavera fantástica!! Seguro que se foron moi contentiños para casa, cada un coa súa flor. Unha aperta primaveral.

    ResponderEliminar
  2. Unha aperta tamén para ti, mandámosche tamén unha flor.... ai vaaaaaiiii.......

    ResponderEliminar
  3. O certo é que foi unha sorpresa moi florida e primaveral a chegada de Chus cunhas flores tan fermosas. ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar
  4. Qué chulada de ramo!! De seguro que deixou un olor boísimo na vosa clase!!

    ResponderEliminar