jueves, 22 de marzo de 2012

Cristovo, o polbo que chegou da auga... de Gandarío.


Para celebrar o Día Internacional da Auga, que mellor que a visita de alguén que vive nela.  Por fin coñecemos ao auténtico Cristovo, a mascota da biblioteca que vivía na praia de Gandarío. Hoxe veu con Isa a visitarnos, foi moi emocionante. Saudounos personalmente e, de momento, está un pouco tímido porque aínda non nos coñece ben pero seguro que en pouco tempo xa será coma un máis. Esperamos que lle axude moito a Isa coas seus contos e historias.






miércoles, 21 de marzo de 2012

Sorpresa primaveral.

Hoxe á primeira hora da mañá Mateo e a súa mamá Chus sorprendéronnos cun fermosísimo ramo de flores para darlle a benvida como se merece á Primavera. Chus é florista e fixo este ramo para nós con moitas e coloridas flores. Díxonos o nome de todas elas e tamén nos contou a historia do narciso. Ao longo da mañá puidemos observar que... as flores ían abrindo!! Ao final da xornada tamén aproveitamos para recordar os nomes de todas as flores, intentar identificalas e escribir o seu nome. Saímos todos contentiños cunha flor cada un para levar á casa e contarlle ás nosas familias esta bonita sorpresa.
A ver, a ver... recordamos: narciso, sempreviva, lilium, ranúnculo, cala, rosa, alelí, xazmín... non sei se esqueceremos algunha!!




Moitas grazas a Mateo e á súa mamá!!!

martes, 20 de marzo de 2012

lunes, 19 de marzo de 2012

Pepa está de festa.



Hoxe ao chegar á escola e na conversa de inicio de xornada alguén se decatou dunha cousa: que era o día do pai. Seguindo a conversa comentamos que hoxe os Pepes, Pepas, Josés, Josefas.... están de festa, polo que a nosa PEPA tamén!! Decidimos facer unha foto con ela e quedamos así de guapos.

martes, 13 de marzo de 2012

Xa é primavera... en Silvoso.

Con este tempo tan seco e soleado que temos xa nos esquecemos do señor inverno, que en poucos días marchará para dar entrada a unha nova estación: PRIMAVERA. Para darlle a benvida comezamos a pintar un mural moi primaveral que iremos completando ao longo dos días. Polo de agora utilizamos témpera líquida, que aplicamos con diferentes técnicas: con pincel, con rolo e con esponxa, facendo estampación. Algunhas fotos do traballo podedes velas a continuación.
                        



jueves, 8 de marzo de 2012



Na asamblea de inicio de xornada falamos de que é iso do Día da muller traballadora. Algúns tíñano bastante claro e concluímos que homes e mulleres estamos igualmente capacitados para realizar calquera traballo.
Feliz día a todas, especialmente ás mamás da escola de Silvoso que traballan dentro e fóra da casa.