lunes, 20 de febrero de 2012

A festa de Entroido.

Veredes agora nestas fotos que ben o pasamos na festa da nosa escola. Fixemos un desfile por unha improvisada pasarela, onde cada un de nós falaba do seu disfrace. Despois comemos os deliciosos manxares que fixeron as familias (grazas a todas elas) que, por certo, estaba todo boísimo. Finalmente... festa rachada con bailes e xogos, aínda que de vez en cando tiñamos que parar e descansar un anaquiño. En fin, pasámolo moi ben na nosa festa de Entroido.
Festa de Entroido en Silvoso. on PhotoPeach

3 comentarios:

  1. Pois si que o pasáchedes moi ben, só hai que mirarlles para a cariña para darse conta. Da gusto que disfruten ao fin e ao cabo a festa é para eles. Un bico e a disfrutar ata xoves.

    ResponderEliminar
  2. Cheeky Monkey, Monkey e eu pasámolo moi ben na vosa escola ainda que non nos poidemos quedar a probar esas delicias que vos fixeron os papás e mamás. Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Vaia pasarela de Entroido!! Nótase ben que tedes estilo eh...Moitos bicos, Silvosiños!

    ResponderEliminar