miércoles, 29 de febrero de 2012

Pooooooompasss



Hoxe coa profe Dolores practicamos o soplo facendo pompiñas de xabrón, que tanto nos gustan. Saimos a facelas ao patio e daba gusto, xa que o sol facía que as pompas brilaran dun xeito especial. Mirade as fotos e comprobaredes o ben que o facemos.










Precioso pentagrama!

O luns María, a profe de música, trouxonos un pentagrama precioso co que traballamos as diferentes notas musicais. Ademáis de aprender esa palabra tan difícil, practicamos e recordamos outras cousas máis: cantas liñas ten o pentagrama, como se chaman as diferentes notas, en que liña van, a clave de sol...
E que este pentagrama é moi bonito e ademáis moi primaveral.



lunes, 27 de febrero de 2012

Traballo con TICs.

 Dentro do traballo de TICs imos familiarizándonos co teclado. Aprendemos a teclear palabras sinxelas entre todos.






Xogo dos nomes.

Aos pequenos de 3 anos gústanos moito xogar co XOGO DOS NOMES, unhas tarxetas para emparellar o nome e a foto de todos os nenos e nenas da clase. Xa o temos dominado!!






lunes, 20 de febrero de 2012

A festa de Entroido.

Veredes agora nestas fotos que ben o pasamos na festa da nosa escola. Fixemos un desfile por unha improvisada pasarela, onde cada un de nós falaba do seu disfrace. Despois comemos os deliciosos manxares que fixeron as familias (grazas a todas elas) que, por certo, estaba todo boísimo. Finalmente... festa rachada con bailes e xogos, aínda que de vez en cando tiñamos que parar e descansar un anaquiño. En fin, pasámolo moi ben na nosa festa de Entroido.
Festa de Entroido en Silvoso. on PhotoPeach

viernes, 17 de febrero de 2012

Venres de Entroido... pasámolo bomba!!

Aquí vos deixamos un pequeno adianto da festa do Entroido na escola. Estade atentos estes días porque haberá máis...  





martes, 14 de febrero de 2012

Gominolas de laranxa.

Hoxe a profe invitounos a gominolas, pero "sanas sanitas", xa que eran feitas na casa e con zume de laranxa.


jueves, 9 de febrero de 2012

Para xogar coas letras.

Interesante recurso on line de lectoescritura, que permite o traballo coas letras e con diferentes niveis de dificultade. Picade na imaxe para acceder ao xogo.

martes, 7 de febrero de 2012

Dramatizamos unha audición.

O luns, na clase de música coa profe María, dramatizamos a audición do Concerto de trompetas para as ceas do Rei das festas do canal de Versalles, do compositor Richard Delalande.

Poema do inverno.

Hoxe amosamos unha actividade que fixemos días atrás cun poemiña que nos ensinou a mestra Dolores sobre o inverno. Memorizámolo, recitámolo e compoñémolo entre todos. A cada nen@ entrégaselle un verso  do poema e, co modelo como referente, ímonos fixándonos nas estrofas , versos, nas palabras, nas letras.... e así reconstruímolo colectivamente. Encántanos xogar coas letras, coas palabras, cos nosos nomes... 

POEMA DE INVERNO on PhotoPeach

sábado, 4 de febrero de 2012

O libro da PAZ do CRA de Bergondo.

Aquí tedes o precioso libro da PAZ que elaboramos @s nen@s  e mestr@s de todas as escolas. Encántanos facer este tipo de traballos cooperativos cos propios compis e cos das outras escolas, e aínda nos gusta máis ver como queda o resultado final. Se o queredes ver "en directo" temos un exemplar na nosa escola.

O LIBRO DA PAZ on PhotoPeach