lunes, 30 de enero de 2012

Hoxe é o día da PAZ.

Todos sabemos máis que de sobra que a Paz se constrúe todos os días. Pero para conmemorar o propio día da Paz na escola fixemos unhas actividades máis específicas con todas @s mestr@s.

PAZ on PhotoPeach

Coa mestra Dolores...


Coa mestra María


Coa mestra Cova

Co mestre Ricardo formamos a palabra PAZ cos nosos corpos serranos.

E a mestra Isa trouxo o Libro da Paz feito por toda as escolas do CRA e tamén un medicamento: O APERTAZOL, unha medicina para axudarnos a valorar, respectar e coidar o que todos temos ao noso arredor. Tomando estas pastilliñas deseguido se notan os efectos.
                            Tomamos un par delas cada un...
...e os efectos non se fixeron esperar!

viernes, 27 de enero de 2012

A canción de moda.

Estes silvosiños.... son a monda. Mirade que letra "adaptaron" para cantarlle ás profes. Bueno, en realidade tiveron unha pequena axudiña, ¿non si teacher?

A letra é:
Profes, profes, as profes xa me matan
ai se eu te pego, ai
ai se eu te pego
Galicia, Galicia, as profes xa me matan,
ai se eu te pego, ai
ai se eu te pego!!

martes, 24 de enero de 2012

Cantando e cantando...


Visitade o blogue de música (picade na imaxe) e veredes un video dos silvosiños cantando á PAZ.

miércoles, 18 de enero de 2012

Video da canción

Aquí nos tedes cantando a canción de Mamá Cabra Coñezo un gatiño, que vos prometeramos onte.  Esperamos que vos guste.

martes, 17 de enero de 2012

Un gatiño

Non volo contamos nunca, pero dende hai tempo, case todos os días á mesma hora, pasa polo noso patio un gatiño. Habitualmente ven el só, pero ás veces trae un amiguiño seu. A nós gústanos moito velo e sempre lle cantamos unha canción do grupo Mamá Cabra, a do gatiño. 



En canto poidamos subiremos o video da canción, interpretada polos silvosiños. Prometido!

lunes, 16 de enero de 2012

miércoles, 11 de enero de 2012

Comeza o 2012


Case sen darnos conta xa estamos no 2º trimestre!! Para empezar con forza e ánimo damos a benvida con este fantástico debuxo de Ssissimon.
E aproveitamos tamén esta benvida para o novo ano 2012 e para o frío inverno, que traballaremos nas aulas nestes días. No blogue Aula Tic atopamos este xogo tan divertido.