lunes, 19 de diciembre de 2011

Máis panxoliñas.

De todos é sabido que en Silvoso somos moi cantareiros, encántanos a música, cantar e bailar e non se nos da nada mal... A profe María ensinounos outra panxoliña, con coreografía e todo!!
 Titúlase Na casa da miña avoa e é do grupo Mamá Cabra.

javascript:void(0

viernes, 16 de diciembre de 2011

Chegou o Apalpador



Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador. 


O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno. 

Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. 

O Apalpador é moi lambeteiro e se os nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos os nenos galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.



Para achegarnos un pouquiño máis a esta figura, recibimos nas escolas a visita do Apalpador ou Pandigueiro, coa que os nenos gozaron e aprenderon un montón!!

O PANDIGUEIRO on PhotoPeach
O Pandigueiro contounos o importante qué é compartir o que temos cos demáis, e o valor das cousas máis sinxelas, así como a importancia do coidado e respecto pola natureza.

martes, 13 de diciembre de 2011

Aniversarios de novembro e decembro.

Aínda que con retraso, FELIZ ANIVERSARIO a Benjy (de cumple o 18 de novembro) e a Mateo ( de cumple o 10 de decembro).


Perdoade pola tardanza!!! Biquiños aos dous.

viernes, 9 de diciembre de 2011

Contamos máis cousiñas do Atrapacontos

Por fin vos amosamos o resto das fotos da visita de Anxo Moure, o Atrapacontos. Mirade tamén o video, veredes como lle axudamos a Anxo a contar as súas historias.
Atrapamos contos solidarios on PhotoPeach





martes, 6 de diciembre de 2011

Polo Nadal... turrón e mazapán

Na clase de música coa profe María estamos aprendendo unha panxoliña do máis marchoso. Encántanos cantala e bailala, pasámolo xenial!!