sábado, 26 de noviembre de 2011

Como nos gusta cantar!!!

Hoxe na escola recibimos cos brazos abertos á profe Laura, que aínda que estivo pouco tempo con nós, querémola un montón. E trouxo unha sorpresa que nos deixou coas boquiñas abertas, abertas. Veu acompañada da súa amiga Andrea, que aínda que non se adica profesionalmente á música, deixounos abraiados coa súa voz, coa súa forma de cantar e o seu encanto. Ademáis de escoitala atentamente, aprendemos e cantamos algunha canción con ela e tamén lle demostramos como nos gusta cantar. Fixémoslle un libriño a cada unha delas cos nosos debuxos, que cremos que lles gustou moito. 
Para que vexades o que gozamos, vede primeiro a presentación de fotos.

Cantando na escola on PhotoPeach

Botádelle agora unha ollada ao video, veredes que ben o pasamos...



Moitísimas grazas, Laura e Andrea!!!!!

4 comentarios:

  1. Que bonita actividade! Vese no video que o pasáchedes moi ben. Que sorte poder contar con visitas así. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Menud@s cantantes que temos no CRA, e ademáis de ter a sorte dunha visita semellante grazas a Laura, biquiños a tod@s

    ResponderEliminar
  3. Esta profe Laura...é a repanocha! Que ben o pasades nesa escola, dá gusto visitar o voso blogue! Bicos das bolboretiñas!

    ResponderEliminar
  4. A verdade que o pasamos moi moi ben!!! Moitas gracias a todos!!un bico enorme, Laura!!

    ResponderEliminar