jueves, 24 de noviembre de 2011

Animádevos a comentar.

Xa sabedes que dende estas pequenas ventaniñas que son os blogues pretendemos, entre outras cousas, amosarvos o día a día nas nosas aulas. Aos nenos encántalles participar activamente nisto, ver no blogue o que imos facendo na escola (e que outros tamén o vexan) e implicarse na súa elaboración. Por iso animámosvos a que fagades comentarios, aos nenos failles moita ilusión ver que vós tamén podedes participar e que o facedes. Para os que non estean moi familiarizados con todo isto, aquí vos deixamos unhas pequenas "instruccións".






 Xa sabedes que tamén podedes contactar con nós a través do email, este é o noso enderezo















5 comentarios:

  1. Está ben isto de poñer un titorial para comentar.... o mesmo vos copiamos a idea!!
    Un saúdo!!

    ResponderEliminar
  2. Para iso estamos, para coller ideas uns de outros. Saúdos dende Silvoso!!

    ResponderEliminar
  3. Moi ben, Escola de Silvoso, hai que animar á familia a que deixen o seu graniño de area cos seus comentarios porque realmente son os comentarios os que dan vida a un blog. Un titorial fantástico. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. A min persoalmente gústame visitar os blogues e coller ideas, ver o ben que traballan os demáis compañeiros e sobre todo deixar comentarios porque aos nenos encántalles comprobar que outros nenos e nenas doutras escolas lles escriben! E diso se trata non? UN BLOGUE ALIMÉNTASE DOS TEUS COMENTARIOS!!!Bicos e noraboa por todo o que facedes, Silvosiños!

    ResponderEliminar