miércoles, 30 de noviembre de 2011

Contos en paztinete.

O atrapador de contos chegou ás escolas do CRA en paztinete. Contounos moitos contos e historias, coas que quedamos entusiasmados xa que, como el mesmo di, os contos alimentan a imaxinación. Aquí deixamos un par de fotos como avance, nos próximos días xa vos contaremos máis...



Pasámolo bomba, grazas Anxo!!

sábado, 26 de noviembre de 2011

Como nos gusta cantar!!!

Hoxe na escola recibimos cos brazos abertos á profe Laura, que aínda que estivo pouco tempo con nós, querémola un montón. E trouxo unha sorpresa que nos deixou coas boquiñas abertas, abertas. Veu acompañada da súa amiga Andrea, que aínda que non se adica profesionalmente á música, deixounos abraiados coa súa voz, coa súa forma de cantar e o seu encanto. Ademáis de escoitala atentamente, aprendemos e cantamos algunha canción con ela e tamén lle demostramos como nos gusta cantar. Fixémoslle un libriño a cada unha delas cos nosos debuxos, que cremos que lles gustou moito. 
Para que vexades o que gozamos, vede primeiro a presentación de fotos.

Cantando na escola on PhotoPeach

Botádelle agora unha ollada ao video, veredes que ben o pasamos...



Moitísimas grazas, Laura e Andrea!!!!!

jueves, 24 de noviembre de 2011

Animádevos a comentar.

Xa sabedes que dende estas pequenas ventaniñas que son os blogues pretendemos, entre outras cousas, amosarvos o día a día nas nosas aulas. Aos nenos encántalles participar activamente nisto, ver no blogue o que imos facendo na escola (e que outros tamén o vexan) e implicarse na súa elaboración. Por iso animámosvos a que fagades comentarios, aos nenos failles moita ilusión ver que vós tamén podedes participar e que o facedes. Para os que non estean moi familiarizados con todo isto, aquí vos deixamos unhas pequenas "instruccións".






 Xa sabedes que tamén podedes contactar con nós a través do email, este é o noso enderezo















lunes, 21 de noviembre de 2011

Dominó da letra R

Tampouco deixedes de visitar o blogue de Audición e Linguaxe, onde tedes un dominó de animais preparado e listo para imprimir. Pode ser un xogo moi divertido para xogar en familia e tamén practicar un pouco a pronuncia do erre. Clicade na imaxe.

domingo, 20 de noviembre de 2011

Día Internacional dos Dereitos do neno.

Hoxe conmemórase o Día Universal da Infancia, un día para lembrar que millóns de nenos e nenas de moitos sitios do mundo non teñen garantidos dereitos básicos como o dereito a alimentación, a non ser maltratados ou explotados, entre outros.
 A modo de reflexión deixámosvos este traballo realizado por Ana Martínez Rey ( recollido no seu blogue  http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com/) sobre os dereitos que deberían ter todos os nenos do mundo e polos que todos (institucións públicas, privadas e sociedade) debemos loitar para que todo isto chegase, algún día, a ser realidade.


sábado, 19 de noviembre de 2011

Traballo coas TICs

Animádevos a visitar o blogue de TICs do noso CRA. Alí encontraredes un montón de recursos e xogos que se traballan nas escolas. Temos moitas novidades. Clicade na imaxe e veredes.




martes, 15 de noviembre de 2011

Premio "The versatile blogger"

Chicos e chicas: déronnos outro premio!! Que ilusión, sobretodo para min, xa que nolo concederon os nenos e nenas da escola de Anós (Cabana de Bergantiños), un lugar do que gardo moi bos recordos e ao que lle teño un cariño especial. 
Teñen un blogue moi interesante: http://obradoirodesonos.blogspot.com/

Nós adicámoslle o premio a todos os blogues do CRA de Bergondo!!!!!



viernes, 11 de noviembre de 2011

11-11-11

Hoxe é unha data especial, un tanto particular, o  día 11 do mes 11 do ano 2011. Hoxe tamén é especial porque o 11 de novembro é o día de San Martiño, o día "propio"  do magosto. Nós na escola fixemos uns zonchos coa profe Isa que nos quedaron ben chulos.



martes, 8 de noviembre de 2011

Piollos, NON grazas!!




Mamá, papá!!
Na escola volvemos a ter piollos.
Dádelle un repasiño á miña cabeciña, por favor.









viernes, 4 de noviembre de 2011

Froita fría frigorizada

Como o prometido é débeda, hoxe fixemos na escola a receita tan esperada: froita fría frigorizada. Cunha "máquina especial para facer frigorizamentos", puxémonos mans á obra. E ademáis tivemos a sorte de ter á profe Isa como convidada, que nos trouxo unha tarta- bizcoito para acompañar a froita frigorizada. Mmmm... que rica e sana merenda!!! 

FROITA FRÍA FRIGORIZADA on PhotoPeach

miércoles, 2 de noviembre de 2011

O regreso de Baby Monkey

Bueno, bueno... hoxe levamos unha "surprise" moi especial. Recordades a BABY MONKEY, aquel que naceu polo mes de abril do curso pasado? Se facedes memoria, seguro que recordades o feliz acontecemento, estábamos na escola de Cangas cando un día chegou a profe Cova cun novo membro da familia Monkey. Era tan pequeniño.... tan bonitiño... Mirade a foto, está no coliño do seu irmán maior.

Pois hoxe Baby Monkey fíxonos unha visitaaaaaa!!!! Quedamos abraiados do moito que medrara, Cova díxonos que era moi comichón, que non paraba de comer bananas. Alegrámonos moito de volver a ver a Baby Monkey e el tamén se alegrou de vernos a nós.