lunes, 31 de octubre de 2011

Samaín

Como traballo final e para conmemorar o Samaín na escola, fixemos unha cabaza moi grande en papel. Pintámola de cor laranxa, que elaboramos nós mesmos facendo unha mistura de cores. Ben tranquiliños, atentos e organizados, poidemos levar a cabo o noso traballo para logo pasalo de medo cantando e bailando cancións do Samaín. Mirade como traballamos...


UNHA CABAZA XIGANTE - foto montaje

Despois cantamos e bailamos canción coma estas (do grupo Mamá Cabra)


E agora... preparados para o magosto!!!

2 comentarios:

  1. Gústame moitísimo a vosa cabaza!!! E as letras quedaron ben chulas! Noraboa!

    ResponderEliminar
  2. Quedaron abraiados cando quitamos as plantillas de plástico e viron as letras tan ben feitiñas _ UUUAAAAAUUUUU!!!- dixeron

    ResponderEliminar