lunes, 31 de octubre de 2011

Samaín

Como traballo final e para conmemorar o Samaín na escola, fixemos unha cabaza moi grande en papel. Pintámola de cor laranxa, que elaboramos nós mesmos facendo unha mistura de cores. Ben tranquiliños, atentos e organizados, poidemos levar a cabo o noso traballo para logo pasalo de medo cantando e bailando cancións do Samaín. Mirade como traballamos...


UNHA CABAZA XIGANTE - foto montaje

Despois cantamos e bailamos canción coma estas (do grupo Mamá Cabra)


E agora... preparados para o magosto!!!

domingo, 30 de octubre de 2011

Aniversario

MOITAS FELICIDADES NO TEU ANIVERSARIO, SARA. 
Pásao fenomenal neste día, que cumples 5 anos!!


martes, 25 de octubre de 2011

O mel

A profe das Bolboretas de Carrio, Saleta, mandounos á escola de Silvoso un panal dunha colmea. Trouxonolo a profe Isa e foi moi interesante, porque ademáis de mirar, tocar e probar, xa sabemos algunha cousiña máis das abellas e as colmeas.
Moitas grazas a Saleta e ás Bolboretiñas por compartir isto con todos.

UN PANAL DE RICA MEL on PhotoPeach

lunes, 24 de octubre de 2011

domingo, 23 de octubre de 2011

Os contiños de Isa

Despois de amañar uns pequenos problemiñas coa cámara, por fin podedes ver as fotos do día que veu a profe Isa a traernos os contos da biblioteca do CRA, que xa foi a semana pasada!!
Xa sabedes que cada semana todos levamos a nosa carpetiña para á casa con un destes contos, que non nos podemos esquecer de que volva á escola para poder levar outro. 
Os contos da profe Isa on PhotoPeach

lunes, 17 de octubre de 2011

O noso primeiro premio.

En Silvoso estamos supermegafragiliemocionados porque as bolboretas da escola de Carrio nos deron un premio ao noso blogue, o noso primeiro premio!!!

Para poder aceptar dito premio, temos que cumplir  uns requisitos, que son:

1.- Nomear á persoa que dá o premio: 

AS BOLBORETAS DE CARRIO

2.- Indicar o seu link: 





3.- Escoller 7 blogues amigos:
  • http://obradoirodesonos.blogspot.com
  • http://ocornodoboi.blogspot.com
  • http://coledecolores.blogspot.com
  • http://patripenalogopeda.blogspot.com
  • http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com
  • http://ssissimon.blogspot.com
  • http//audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com
Poñer unha foto miña:
Mellor poñemos unha dos nenos e nenas que fan posible este blogue


lunes, 10 de octubre de 2011

viernes, 7 de octubre de 2011

Cheeky Monkey e Cookie.

Hoxe Cheeky Monkey presentounos a un amigo seu. Chámase COOKIE e é de cor vermello. A Cookie e a CHeeky encántalles xogar xuntos, lévanse fenomenal e non pelexan nada de nada.