martes, 13 de septiembre de 2011

Merendolas: algunhas recomendacións...

 Como sabedes dende hai un tempo propoñemos dende a escola un “menú” para as merendas de media mañá. Todos sodes conscientes de que os vosos fillos están nun período de crecemento importante e que os seus hábitos alimenticios son fundamentais para un bo crecemento tanto físico como mental. Por iso na escola aproveitamos todos os días o momento da merenda de media mañá para traballar este tema, incidindo en cuestións como:

  • Crear un clima de tranquilidade á hora da merenda.
  • Transmitir aos nenos a importancia dunha alimentación sana.
  • Animar aos nenos a probar novos sabores e texturas.

Propoñemos un menú semanal das merendas que podedes seguir e que é o seguinte:

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES

Froita.
Bocata, por exemplo de xamón, pavo...

Froita.
Iogur de culler con galletas tipo María.
Bocata, por exemplo de queixo.


Recordade que non é recomendable que os nenos traian líquidos como iogures bebibles ou zumes.
Para beber podedes mandarlle unha botella de auga co nome posto e un tapón tipo “chupete”, que levarán e traerán todos os días na súa bolsiña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario