miércoles, 28 de septiembre de 2011

CHEEKY MONKEY empeza a escola.

Xa levamos uns cantos días de escola e estamos adaptándonos fenomenal. Como sabedes a semana pasada recibimos a visita de Monkey e hoxe.... tacháaaaannnn!! empezou Cheekey Monkey a escola!! Veu acompañado de Cova e do seu papá, porque era o seu primeiro día e estaba un pouco nervioso. Trouxo un mandilón ben bonito e mesmo o abrochou case soíño, bueno, cunha pouquiña axuda. Aquí tedes a mostra de como foi o seu primeiro día en Silvoso. Cheeky Monkey marchou encantado da nosa escoliña!! 


Cheeky Monkey e o seu papá chegan á escola.
Rosa con Papá Monkey.




Preséntanse aos novos alumnos.
A poñer o mandilón!


Cheeky abrocha o mandilón.

Que ben lle queda!!

Cheeky Monkey e as mestras.


Todos atentos mirando a pantalla.


3 comentarios:

  1. Estou segura de que Cheeky Monkey pasouno fenomenal en Silvoso, bueno tod@s, porque se vos ve moi contentiños. Profe Rosa, quedou moi chulo o cambio de "look" do blogue. Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  2. Espero que aos nenos, ás familias e a todos os que visiten o blogue lles guste o novo deseño. Graciñas.

    ResponderEliminar
  3. Oh! Que ven os meus ollos! Cheeky Monkey tamén foi a Silvoso! En Carrio tamén o pasamos moi ben con él e coa profe Cova! Bye!

    ResponderEliminar