miércoles, 28 de septiembre de 2011

CHEEKY MONKEY empeza a escola.

Xa levamos uns cantos días de escola e estamos adaptándonos fenomenal. Como sabedes a semana pasada recibimos a visita de Monkey e hoxe.... tacháaaaannnn!! empezou Cheekey Monkey a escola!! Veu acompañado de Cova e do seu papá, porque era o seu primeiro día e estaba un pouco nervioso. Trouxo un mandilón ben bonito e mesmo o abrochou case soíño, bueno, cunha pouquiña axuda. Aquí tedes a mostra de como foi o seu primeiro día en Silvoso. Cheeky Monkey marchou encantado da nosa escoliña!! 


Cheeky Monkey e o seu papá chegan á escola.
Rosa con Papá Monkey.




Preséntanse aos novos alumnos.
A poñer o mandilón!


Cheeky abrocha o mandilón.

Que ben lle queda!!

Cheeky Monkey e as mestras.


Todos atentos mirando a pantalla.


lunes, 26 de septiembre de 2011

Traballando coa PDI

Nas nosas escolas traballamos moito coa Pizarra Dixital Interactiva (PDI), recurso moi motivador para @s nen@s e tamén para @s mestr@s. Xa somos uns expertos traballando con ela por iso lle estamos ensinando aos máis pequenos como funciona. A mestra preparounos unhas actividades coas nosas fotos e os nosos nomes, que nos encantan!!! Mirade as fotos e veredes.






viernes, 23 de septiembre de 2011

Hello!! I'm Monkey

Esta semana Monkey e a profe Cova fixéronnos unha visita. Alegrámonos moito de velos e con eles recordamos bailes e cancións que xa aprenderamos no curso pasado. Ademáis tamén aproveitaron para coñecer aos novos "silvosiños" de 3 anos. Do que non sabemos nada é de Cheeky Monkey... teremos en pouco tempo novas de el????? Haberá que esperar, logo.


Monkey


jueves, 15 de septiembre de 2011

Comezamos!!

Estes primeiros días de escola están sendo moi especiais, sobretodo para os novos compañeiros de 3 anos. É a primeira vez que veñen á nosa escola, polo que estamos lle estamos axudando na súa adaptación, nos xogos e nas pequenas actividades e tarefas destes días. Para que o vexades, aqui tedes unhas fotos.



PRIMEIROS DÍAS on PhotoPeach

                             

martes, 13 de septiembre de 2011

Merendolas: algunhas recomendacións...

 Como sabedes dende hai un tempo propoñemos dende a escola un “menú” para as merendas de media mañá. Todos sodes conscientes de que os vosos fillos están nun período de crecemento importante e que os seus hábitos alimenticios son fundamentais para un bo crecemento tanto físico como mental. Por iso na escola aproveitamos todos os días o momento da merenda de media mañá para traballar este tema, incidindo en cuestións como:

  • Crear un clima de tranquilidade á hora da merenda.
  • Transmitir aos nenos a importancia dunha alimentación sana.
  • Animar aos nenos a probar novos sabores e texturas.

Propoñemos un menú semanal das merendas que podedes seguir e que é o seguinte:

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES

Froita.
Bocata, por exemplo de xamón, pavo...

Froita.
Iogur de culler con galletas tipo María.
Bocata, por exemplo de queixo.


Recordade que non é recomendable que os nenos traian líquidos como iogures bebibles ou zumes.
Para beber podedes mandarlle unha botella de auga co nome posto e un tapón tipo “chupete”, que levarán e traerán todos os días na súa bolsiña.


domingo, 11 de septiembre de 2011

BENVIDOS!!!

O próximo luns volvemos á escola, á nosa escoliña de Silvoso. Despois de estar o curso pasado no local social de Cangas por mor das obras na escola de Silvoso por fin regresamos e.... moi contentos!! 
Damos a benvida a este novo curso escolar aos 12 nenos e nenas e, especialmente aos que se incorporan por primeira vez, catro nen@s de 3 anos. Tampouco queremos esquecer aos compis que este curso comezan no Cruz do Sar: Diego, Daniel, María, Brais, Santi, Estrella e Raquel. Moita sorte a todos eles!!!!