lunes, 6 de junio de 2011

Unhas froitas moi especiais

Para empezar a semana con forzas Santi e a súa mamá trouxéronnos unhas froitas moi, moi especiais. Chámanse SENXUANAS e son propias de aquí de Bergondo. Concha, a mamá de Santi, contounos que só se dan nesta zona e hai moi pouquiñas, só nalgunhas casas. Tamén nos contou que o seu nome débese ao mes no que se dan, no mes de xuño que é o do San Xoan. Tivemos a oportunidade de saborealas á hora da merenda e a verdade é que teñen un sabor exquisito.
Pero ollo! que se as descubren eses cociñeiros famosos que fan tantos experimentos.....!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario