jueves, 9 de junio de 2011

No Cruz do Sar

A xornada de onte no Cruz do Sar foi moi emocionante. Percorremos as instalacións, vimos os magníficos traballos que sobre Europa fixeron os alumnos do centro e tamén vimos orgullosos os nosos murais sobre Mozart e Europa. Ademáis tivemos a oportunidade de ver unha obra de teatro sobre a obra de Mozart, A flauta máxica, magníficamente interpretada polos alumnos de 4º da ESO. No comedor invitáronos a un menú europeo, no que estaban presentes platos típicos de distintos paises: tortilla española, patés franceses, pizzas italianas, salchichas alemanas... e a sorpresa final: chocolate belga que saía dunha "fonte". Fomos pasando por esa fonte un a un e mollando un añaquiño de biscoito no chocolate. Mmmmmmmmmmm  que rico!!
Por certo, botádelle unha ollada aos blogues de Audición e Linguaxe e de Tics, seguro que tamén atopades fotos interesantes de todas as escolas.



                   

No hay comentarios:

Publicar un comentario