jueves, 9 de junio de 2011

No Cruz do Sar

A xornada de onte no Cruz do Sar foi moi emocionante. Percorremos as instalacións, vimos os magníficos traballos que sobre Europa fixeron os alumnos do centro e tamén vimos orgullosos os nosos murais sobre Mozart e Europa. Ademáis tivemos a oportunidade de ver unha obra de teatro sobre a obra de Mozart, A flauta máxica, magníficamente interpretada polos alumnos de 4º da ESO. No comedor invitáronos a un menú europeo, no que estaban presentes platos típicos de distintos paises: tortilla española, patés franceses, pizzas italianas, salchichas alemanas... e a sorpresa final: chocolate belga que saía dunha "fonte". Fomos pasando por esa fonte un a un e mollando un añaquiño de biscoito no chocolate. Mmmmmmmmmmm  que rico!!
Por certo, botádelle unha ollada aos blogues de Audición e Linguaxe e de Tics, seguro que tamén atopades fotos interesantes de todas as escolas.



                   

martes, 7 de junio de 2011

Hoxe, raños

E continuamos a semana coñecendo froitas autóctonas. Hoxe Concha (mamá de Santi) trouxo raños de cor verde- amarela, xa que a semana pasada tivemos a oportunidade de ver e probar os de cor vermella
Como podedes ver... Bergondo que boa terra é!!

lunes, 6 de junio de 2011

Unhas froitas moi especiais

Para empezar a semana con forzas Santi e a súa mamá trouxéronnos unhas froitas moi, moi especiais. Chámanse SENXUANAS e son propias de aquí de Bergondo. Concha, a mamá de Santi, contounos que só se dan nesta zona e hai moi pouquiñas, só nalgunhas casas. Tamén nos contou que o seu nome débese ao mes no que se dan, no mes de xuño que é o do San Xoan. Tivemos a oportunidade de saborealas á hora da merenda e a verdade é que teñen un sabor exquisito.
Pero ollo! que se as descubren eses cociñeiros famosos que fan tantos experimentos.....!!


domingo, 5 de junio de 2011

Día Mundial do Medio Ambiente

Aínda que hoxe 5 de xuño é o día "oficial" do medio ambiente, todos sabemos que isto debe estenderse a todos os días do ano, porque todos os días podemos apreciar sufientes motivos para facelo: cando miramos os nosos mares e os nosos ríos, montes, paisaxes... e cando escoitamos os sons que nos brinda a natureza. Se nos paramos a pensar un pouquiño seguro que estamos todos de acordo en que merece a pena conservar todo isto. Por iso podemos aportar o noso  gran de area educando aos nenos con pequenos xestos e fomentendo a sensibilización sobre o coidado do noso planeta. 


COIDEMOS O NOSO PLANETA!!

sábado, 4 de junio de 2011

Visita ao cole dos maiores.

Como sabedes, o próximo mércores día 8 faremos unha visita ao CPI Cruz do Sar, a onde irán a partir do próximo curso os nosos nen@s de 5 anos. Será unha xornada de convivencia na que nós presentaremos o traballado nas nosas escolas sobre Mozart e as súas viaxes a Europa e na que os nenos no CPI tamén presentarán algunha sorpresiña sobre este continente. Coma sempre levaremos a cabo alguhna actividade todos xuntos, veremos a antigos compañeiros do CRA, ..... buuff será unha xornada moi emocionante!!
 Como pequeno anticipo e para que vaiades repasando, aquí deixo o poemiña que estamos ensaiando nas escolas para a actuación estelar do mércores.  


Pinchade enriba da imaxe para vela máis grande

ATENCIÓN FAMILIAS!!: 
CHARLA ÁS 13.00  NA BIBLIOTECA