viernes, 6 de mayo de 2011

Coloreando mandalas

Hoxe Raquel trouxo unha camiseta que nos gustou moito a todos que tiña un debuxiño no centro que nos recordou algo do que falamos e co que xa traballamos algunha vez:
os mandalas


Os mandalas son círculos nos que se representa algo dunha forma esquemática e simbólica que son utilizados case dende o comezo da humanidade, sobretodo no budismo e hinduismo. Pintar e crear mandalas ten efectos moi beneficiosos tanto en nenos coma en adultos: melloran a atención e concentración, favorecen a percepción, a capacidade de análise, potencian a creatividade, estimulan a imaxinación e son excelentes para a relaxación. Son un excelente recurso educativo por todo o que acabamos de dicir, con efectos moi beneficioso para nenos con problemas de atención.
Eleximos entre todos un mandala, o mesmo para todos, que cada un foi coloreando á súa maneira e despois comparamos os resultados. Comprobamos que o mesmo debuxo pintado de diversas maneiras, pode parecer completamente diferente!!
Repetiremos esta actividade máis a miúdo. Aí vos vai unha mostra do noso traballo de hoxe.




ACTIVIDADE CON MANDALAS on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario