martes, 24 de mayo de 2011

DEBUXAMOS AOS PERSONAXES DA ÓPERA.

Podedes ver nesta presentación os retratos que fixeron @s nen@s das personaxes principais da ópera El Superbarbero de Sevilla, ademáis doutros debuxos nos que plasmaron a súa visión da visita ao Pazo da Ópera.

DEBUXAMOS ÁS PERSONAXES DA ÓPERA on PhotoPeach

sábado, 21 de mayo de 2011

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS.

O venres, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, vimos na Senra unha representación de títeres: O gran Ketumba Ketamba.
Despois da representación cada escola fomos subindo ao escenario, onde nos entregaron a cada un un libro e un marcapáxinas como agasallo ( cortesía do Concello). Por suposto, a continuación, había que facer un descansiño e repoñer forzas coas merendas.

TÍTERES NA SENRA on PhotoPeach

Unha vez repostos, seguimos coa nosa ruta: acudimos á inauguración de INCOART, a feira de artesáns de Bergondo e alí entregámoslle a Pepe de Nogueira un libriño feito por todos nós e miramos moi atentos todas as cousiñas que alí había. Voltamos ás escolas bastante cansadiños, pero pasámolo moi ben!!

EN INCOART on PhotoPeach

jueves, 19 de mayo de 2011

EL SUPERBARBERO DE SEVILLA.

Gozamos un montón na nosa saída Á Coruña e tanto nós coma os compis das outras escolas, portámonos XENIAL!!

A CORUÑA, PAZO DA ÓPERA on PhotoPeach

sábado, 14 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO

CANCIÓN:COMO O VENTO. MÚSICA:RADIO OCÉANO.
 LETRA: LOIS PEREIRO.


SENTES COMO O LAMENTO
DO TEMPO PODE CHEGAR
COMO UNHA LANZA DO VENTO
COMO O VENTO A AVANZAR!

ERGUÉMONOS EN SILENCIO
CANDO NOS CHAMA O MAR
SAÍR DAS RUÍNAS DUN TEMPLO
OU POLO MENOS TENTAR!

lunes, 9 de mayo de 2011

sábado, 7 de mayo de 2011

Imos vento en popa cos tapóns

Entre todos estamos covertindo o noso CRA nun campión no que a reciclaxe se refire. Non só sabemos reciclar o lixo "convencional" (papel, restos orgánicos, envases...) senón que tamén reunimos unha chea de tapóns de plástico. Ata agora levamos reunidos todo este montón só na nosa escola, e... a seguir así!!!



 Grazas aos nenos e ás súas familias por ser tan RECICLADORES.

viernes, 6 de mayo de 2011

Coloreando mandalas

Hoxe Raquel trouxo unha camiseta que nos gustou moito a todos que tiña un debuxiño no centro que nos recordou algo do que falamos e co que xa traballamos algunha vez:
os mandalas


Os mandalas son círculos nos que se representa algo dunha forma esquemática e simbólica que son utilizados case dende o comezo da humanidade, sobretodo no budismo e hinduismo. Pintar e crear mandalas ten efectos moi beneficiosos tanto en nenos coma en adultos: melloran a atención e concentración, favorecen a percepción, a capacidade de análise, potencian a creatividade, estimulan a imaxinación e son excelentes para a relaxación. Son un excelente recurso educativo por todo o que acabamos de dicir, con efectos moi beneficioso para nenos con problemas de atención.
Eleximos entre todos un mandala, o mesmo para todos, que cada un foi coloreando á súa maneira e despois comparamos os resultados. Comprobamos que o mesmo debuxo pintado de diversas maneiras, pode parecer completamente diferente!!
Repetiremos esta actividade máis a miúdo. Aí vos vai unha mostra do noso traballo de hoxe.




ACTIVIDADE CON MANDALAS on PhotoPeach

lunes, 2 de mayo de 2011

Tics

Hoxe na clase de Tics a profe Silvia presentounos a Mozart dunha maneira moi divertida para completar o que con María, mestra de música, xa están a facer. Utilizamos a pizarra para escoitar e traballar con algúns aspectos da súa vida e obra. Botádelle unha ollada á presentación....




MOZART EN BERGONDO on PhotoPeach