sábado, 30 de abril de 2011

Recunchos

Na nosa escola encántanos ir aos recunchos. Son zonas de xogo e traballo nas que os nenos se distribúen para facer unha tarefa determinada e diferente. Na maioría dos casos os nenos son os que planifican a súa propia actividade, aprenden a traballar en equipo, a compartir, a organizar e coidar  os materiais, en definitiva fomentan a súa resposabilidade. Procuramos que ao longo da semana (ou quincena, según o caso) todos pasen por todos os recunchos e se establezan relacións co maior número de nenos posible. Como avance aquí tedes unhas fotos. Xa vos iremos contando máis adiante algunha cousiñas....

No ordenador

Recuncho da biblioteca e das letras

Casiña, o que máis nos gusta

Construccións

Recuncho de plástica


Plástica

Puzzles

sábado, 23 de abril de 2011

23 de Abril, DÍA DO LIBRO

Aínda que con isto das vacacións e da Semana Santa pasa un pouco desapercibido, hoxe celébrase en todo o mundo o Día do Libro.
En Silvoso encántanos ler e desfrutamos moito cos contos que temos na nosa biblioteca e, sobretodo, cos que nos trae ( e nos sorprende) todos os xoves a profe Isa. Xa que está tan de moda iso de regalar o Día do pai ou o Día da nai, non estaría mal que esa costume se estendera tamén a este día, sobretodo cos nenos. ¿Verdad que sería bonito que ese día os nenos se levantasen coa ansia de descubrir que libro lle ían regalar?


Un libro.... un tesouro
Pois deixo aquí a idea, por se a alguén lle serve..... FELIZ DÍA DO LIBRO!!

lunes, 18 de abril de 2011

FELICIDADES!!

Hoxe un dos nosos maiores está de cumple, nada menos que 6 anos...!
Que pases un bo día, Daniel
                       

viernes, 15 de abril de 2011

Rutinas de entrada

Todos os días ao chegar, saudamos, quitamos os abrigos, poñemos os mandilón e nos preparamos para a xornada. Despois seguimos con outras rutinas, que consisten en repartir as tarxetas cos nomes, contar cantos estamos e cantos faltan, poñer a data e organizar o traballo do día. Tamén é tempo de contar as cousas que nos aconteceron na casa ou que nos interese comentar cos compañeiros.

Todas estas rutinas son importantísimas porque axudan aos nenos a planificar o tempo e as propias accións,  dándolle unhas referencias que lle aportan seguridade e confianza, ademáis de familiarizarse cos nomes, letras, números e outros conceptos.
Aquí vos deixo unha pequena mostra de todo isto.

Repartimos os nomes


Cada un coloca o seu nome na escola. Os que non están poñémolos na casa

Contamos os presentes e os ausentes

Nomeamos encargados

Traballamos coa data

miércoles, 13 de abril de 2011

UN ACONTECEMENTO ESPECIAL


Hoxe a profe Cova veu á nosa escola cunha noticia moi, moi especial: Cheeky Monkey tivo un irmanciño, Baby Monkey. É moi pequeniño e moi guapo, como podedes comprobar nestas fotos.


Mirade que guapiño.....

Todos xuntos coa profe Cova

Aquí outra vez todos xuntos coa profe Rosa

martes, 12 de abril de 2011

Debuxos do día da árbore

Aquí vos ensinamos os debuxos que fixemos do día da árbore. E narrados e todo!!!
Esperamos que vos gusten.