martes, 20 de diciembre de 2011
lunes, 19 de diciembre de 2011
Máis panxoliñas.
De todos é sabido que en Silvoso somos moi cantareiros, encántanos a música, cantar e bailar e non se nos da nada mal... A profe María ensinounos outra panxoliña, con coreografía e todo!!
Titúlase Na casa da miña avoa e é do grupo Mamá Cabra.
javascript:void(0
Titúlase Na casa da miña avoa e é do grupo Mamá Cabra.
javascript:void(0
viernes, 16 de diciembre de 2011
Chegou o Apalpador
Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.
Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame.
O Apalpador é moi lambeteiro e se os nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos os nenos galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.
FONTE INFORMATIVA: http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=8
Para achegarnos un pouquiño máis a esta figura, recibimos nas escolas a visita do Apalpador ou Pandigueiro, coa que os nenos gozaron e aprenderon un montón!!
O PANDIGUEIRO on PhotoPeach
O Pandigueiro contounos o importante qué é compartir o que temos cos demáis, e o valor das cousas máis sinxelas, así como a importancia do coidado e respecto pola natureza.
martes, 13 de diciembre de 2011
Aniversarios de novembro e decembro.
Aínda que con retraso, FELIZ ANIVERSARIO a Benjy (de cumple o 18 de novembro) e a Mateo ( de cumple o 10 de decembro).
Perdoade pola tardanza!!! Biquiños aos dous.
viernes, 9 de diciembre de 2011
Contamos máis cousiñas do Atrapacontos
Por fin vos amosamos o resto das fotos da visita de Anxo Moure, o Atrapacontos. Mirade tamén o video, veredes como lle axudamos a Anxo a contar as súas historias.
Atrapamos contos solidarios on PhotoPeach
Atrapamos contos solidarios on PhotoPeach
martes, 6 de diciembre de 2011
Polo Nadal... turrón e mazapán
Na clase de música coa profe María estamos aprendendo unha panxoliña do máis marchoso. Encántanos cantala e bailala, pasámolo xenial!!
miércoles, 30 de noviembre de 2011
Contos en paztinete.
O atrapador de contos chegou ás escolas do CRA en paztinete. Contounos moitos contos e historias, coas que quedamos entusiasmados xa que, como el mesmo di, os contos alimentan a imaxinación. Aquí deixamos un par de fotos como avance, nos próximos días xa vos contaremos máis...
Pasámolo bomba, grazas Anxo!!
sábado, 26 de noviembre de 2011
Como nos gusta cantar!!!
Hoxe na escola recibimos cos brazos abertos á profe Laura, que aínda que estivo pouco tempo con nós, querémola un montón. E trouxo unha sorpresa que nos deixou coas boquiñas abertas, abertas. Veu acompañada da súa amiga Andrea, que aínda que non se adica profesionalmente á música, deixounos abraiados coa súa voz, coa súa forma de cantar e o seu encanto. Ademáis de escoitala atentamente, aprendemos e cantamos algunha canción con ela e tamén lle demostramos como nos gusta cantar. Fixémoslle un libriño a cada unha delas cos nosos debuxos, que cremos que lles gustou moito.
Para que vexades o que gozamos, vede primeiro a presentación de fotos.
Cantando na escola on PhotoPeach
Botádelle agora unha ollada ao video, veredes que ben o pasamos...
Para que vexades o que gozamos, vede primeiro a presentación de fotos.
Cantando na escola on PhotoPeach
Botádelle agora unha ollada ao video, veredes que ben o pasamos...
Moitísimas grazas, Laura e Andrea!!!!!
jueves, 24 de noviembre de 2011
Animádevos a comentar.
Xa sabedes que dende estas pequenas ventaniñas que son os blogues pretendemos, entre outras cousas, amosarvos o día a día nas nosas aulas. Aos nenos encántalles participar activamente nisto, ver no blogue o que imos facendo na escola (e que outros tamén o vexan) e implicarse na súa elaboración. Por iso animámosvos a que fagades comentarios, aos nenos failles moita ilusión ver que vós tamén podedes participar e que o facedes. Para os que non estean moi familiarizados con todo isto, aquí vos deixamos unhas pequenas "instruccións".
Xa sabedes que tamén podedes contactar con nós a través do email, este é o noso enderezo
lunes, 21 de noviembre de 2011
Dominó da letra R
Tampouco deixedes de visitar o blogue de Audición e Linguaxe, onde tedes un dominó de animais preparado e listo para imprimir. Pode ser un xogo moi divertido para xogar en familia e tamén practicar un pouco a pronuncia do erre. Clicade na imaxe.
domingo, 20 de noviembre de 2011
Día Internacional dos Dereitos do neno.
Hoxe conmemórase o Día Universal da Infancia, un día para lembrar que millóns de nenos e nenas de moitos sitios do mundo non teñen garantidos dereitos básicos como o dereito a alimentación, a non ser maltratados ou explotados, entre outros.
A modo de reflexión deixámosvos este traballo realizado por Ana Martínez Rey ( recollido no seu blogue http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com/) sobre os dereitos que deberían ter todos os nenos do mundo e polos que todos (institucións públicas, privadas e sociedade) debemos loitar para que todo isto chegase, algún día, a ser realidade.
A modo de reflexión deixámosvos este traballo realizado por Ana Martínez Rey ( recollido no seu blogue http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com/) sobre os dereitos que deberían ter todos os nenos do mundo e polos que todos (institucións públicas, privadas e sociedade) debemos loitar para que todo isto chegase, algún día, a ser realidade.
sábado, 19 de noviembre de 2011
Traballo coas TICs
Animádevos a visitar o blogue de TICs do noso CRA. Alí encontraredes un montón de recursos e xogos que se traballan nas escolas. Temos moitas novidades. Clicade na imaxe e veredes.
martes, 15 de noviembre de 2011
Premio "The versatile blogger"
Chicos e chicas: déronnos outro premio!! Que ilusión, sobretodo para min, xa que nolo concederon os nenos e nenas da escola de Anós (Cabana de Bergantiños), un lugar do que gardo moi bos recordos e ao que lle teño un cariño especial.
Teñen un blogue moi interesante: http://obradoirodesonos.blogspot.com/
viernes, 11 de noviembre de 2011
11-11-11
Hoxe é unha data especial, un tanto particular, o día 11 do mes 11 do ano 2011. Hoxe tamén é especial porque o 11 de novembro é o día de San Martiño, o día "propio" do magosto. Nós na escola fixemos uns zonchos coa profe Isa que nos quedaron ben chulos.
martes, 8 de noviembre de 2011
viernes, 4 de noviembre de 2011
Froita fría frigorizada
Como o prometido é débeda, hoxe fixemos na escola a receita tan esperada: froita fría frigorizada. Cunha "máquina especial para facer frigorizamentos", puxémonos mans á obra. E ademáis tivemos a sorte de ter á profe Isa como convidada, que nos trouxo unha tarta- bizcoito para acompañar a froita frigorizada. Mmmm... que rica e sana merenda!!!
FROITA FRÍA FRIGORIZADA on PhotoPeach
FROITA FRÍA FRIGORIZADA on PhotoPeach
miércoles, 2 de noviembre de 2011
O regreso de Baby Monkey
Bueno, bueno... hoxe levamos unha "surprise" moi especial. Recordades a BABY MONKEY, aquel que naceu polo mes de abril do curso pasado? Se facedes memoria, seguro que recordades o feliz acontecemento, estábamos na escola de Cangas cando un día chegou a profe Cova cun novo membro da familia Monkey. Era tan pequeniño.... tan bonitiño... Mirade a foto, está no coliño do seu irmán maior.
Pois hoxe Baby Monkey fíxonos unha visitaaaaaa!!!! Quedamos abraiados do moito que medrara, Cova díxonos que era moi comichón, que non paraba de comer bananas. Alegrámonos moito de volver a ver a Baby Monkey e el tamén se alegrou de vernos a nós.
Pois hoxe Baby Monkey fíxonos unha visitaaaaaa!!!! Quedamos abraiados do moito que medrara, Cova díxonos que era moi comichón, que non paraba de comer bananas. Alegrámonos moito de volver a ver a Baby Monkey e el tamén se alegrou de vernos a nós.
lunes, 31 de octubre de 2011
Samaín
Como traballo final e para conmemorar o Samaín na escola, fixemos unha cabaza moi grande en papel. Pintámola de cor laranxa, que elaboramos nós mesmos facendo unha mistura de cores. Ben tranquiliños, atentos e organizados, poidemos levar a cabo o noso traballo para logo pasalo de medo cantando e bailando cancións do Samaín. Mirade como traballamos...
UNHA CABAZA XIGANTE - foto montaje
Despois cantamos e bailamos canción coma estas (do grupo Mamá Cabra)
UNHA CABAZA XIGANTE - foto montaje
Despois cantamos e bailamos canción coma estas (do grupo Mamá Cabra)
E agora... preparados para o magosto!!!
domingo, 30 de octubre de 2011
martes, 25 de octubre de 2011
O mel
A profe das Bolboretas de Carrio, Saleta, mandounos á escola de Silvoso un panal dunha colmea. Trouxonolo a profe Isa e foi moi interesante, porque ademáis de mirar, tocar e probar, xa sabemos algunha cousiña máis das abellas e as colmeas.
Moitas grazas a Saleta e ás Bolboretiñas por compartir isto con todos.
UN PANAL DE RICA MEL on PhotoPeach
Moitas grazas a Saleta e ás Bolboretiñas por compartir isto con todos.
UN PANAL DE RICA MEL on PhotoPeach
lunes, 24 de octubre de 2011
domingo, 23 de octubre de 2011
Os contiños de Isa
Despois de amañar uns pequenos problemiñas coa cámara, por fin podedes ver as fotos do día que veu a profe Isa a traernos os contos da biblioteca do CRA, que xa foi a semana pasada!!
Xa sabedes que cada semana todos levamos a nosa carpetiña para á casa con un destes contos, que non nos podemos esquecer de que volva á escola para poder levar outro.
Os contos da profe Isa on PhotoPeach
Xa sabedes que cada semana todos levamos a nosa carpetiña para á casa con un destes contos, que non nos podemos esquecer de que volva á escola para poder levar outro.
Os contos da profe Isa on PhotoPeach
lunes, 17 de octubre de 2011
O noso primeiro premio.
En Silvoso estamos supermegafragiliemocionados porque as bolboretas da escola de Carrio nos deron un premio ao noso blogue, o noso primeiro premio!!!
2.- Indicar o seu link:
Poñer unha foto miña:
Para poder aceptar dito premio, temos que cumplir uns requisitos, que son:
1.- Nomear á persoa que dá o premio:
AS BOLBORETAS DE CARRIO
3.- Escoller 7 blogues amigos:
- http://obradoirodesonos.blogspot.com
- http://ocornodoboi.blogspot.com
- http://coledecolores.blogspot.com
- http://patripenalogopeda.blogspot.com
- http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com
- http://ssissimon.blogspot.com
- http//audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com
lunes, 10 de octubre de 2011
viernes, 7 de octubre de 2011
Cheeky Monkey e Cookie.
Hoxe Cheeky Monkey presentounos a un amigo seu. Chámase COOKIE e é de cor vermello. A Cookie e a CHeeky encántalles xogar xuntos, lévanse fenomenal e non pelexan nada de nada.
miércoles, 5 de octubre de 2011
miércoles, 28 de septiembre de 2011
CHEEKY MONKEY empeza a escola.
Xa levamos uns cantos días de escola e estamos adaptándonos fenomenal. Como sabedes a semana pasada recibimos a visita de Monkey e hoxe.... tacháaaaannnn!! empezou Cheekey Monkey a escola!! Veu acompañado de Cova e do seu papá, porque era o seu primeiro día e estaba un pouco nervioso. Trouxo un mandilón ben bonito e mesmo o abrochou case soíño, bueno, cunha pouquiña axuda. Aquí tedes a mostra de como foi o seu primeiro día en Silvoso. Cheeky Monkey marchou encantado da nosa escoliña!!
Cheeky Monkey e o seu papá chegan á escola. |
Rosa con Papá Monkey. |
Preséntanse aos novos alumnos. |
A poñer o mandilón! |
Cheeky abrocha o mandilón. |
Que ben lle queda!! |
Cheeky Monkey e as mestras. |
Todos atentos mirando a pantalla. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)