lunes, 28 de mayo de 2012

Os gatiños pequeniños.

A gatiña que sempre pasa pola nosa escola tivo gatiños. Son 2, un de cor naranxa e outro gris. Hoxe cando chegamos estaban na porta. Son moi pequeniños e moi bonitiños.
 Que sorpresa!!


Aproveitando esta situación tan motivadora para os nenos, foron eles os autores desta entrada.

domingo, 27 de mayo de 2012

Outro premio máis!!

Pola nosa partipación no concurso de marcapáxinas do Día das Letras Galegas, recibimos un agasallo. O venres chegou á escola Cristovo con Isa e Alejandra, a alcaldesa,  a felicitarnos polo traballo e facernos entrega dun conto, que levamos para a casa. Démoslle as grazas en directo, pero novamente dende aquí volvemos a facelo.
Graciñas!!

                            

martes, 15 de mayo de 2012

Premio!!

A verdade é que isto de recibir premios non nos disgusta nadiña, por iso queremos dar as grazas a que nolo dou: o blogue Ssissimonea, precioso blogue que visitamos asiduamente. Moitas grazas!!


Dende aquí nós otorgámoslle este premio aos seguintes blogues, todos eles moi interesantes:


lunes, 14 de mayo de 2012

Semana das nosas Letras

Como esta semana estamos de celebración, xa que o xoves é o día  das Letras Galegas, animámonos cunha canción moi coñecida por todos. Queremos adicarlla a  Valentín Paz Andrade, o autor das Letras deste ano. Aprendemos cousas del, entre elas que lle gustaba moito o tema do mar, por iso lle cantamos esta canción que nos ensinou María. Grazas profe por ensinarnos tantas cancións... co que nos gusta a nós aprendelas e cantalas!!!

                   

viernes, 4 de mayo de 2012

Caracolada.

Menuda festa montamos hoxe no recreo!! A verdade é que xa tiñamos ganas de sair a xogar ao sol, polo que aproveitamos unha raioliña e alá fomos. E como di a canción "caracol, col, col, saca os corniños ao sol"... pois xa vedes as fotos, eles tamén sairon ao sol. Que tranquiliños quedaron cando fomos outra vez para dentro!!




lunes, 23 de abril de 2012

Hoxe e o dia do libro


É o Día do Libro.  Na nosa escola faremos esta semana un libriño que nos trouxo Cristovo. Hoxe empezámolo. Aqui tedes a portada.

Esta entrada do blogue foi escrita polos nenos e nenas da escola de Silvoso

domingo, 22 de abril de 2012

Proxecto de arte. PICASSO

Para achegarnos un pouquiño á figura de Picasso, estivemos falando sobre este artista, sobre que cousas sabemos del. Ollamos un libro, despois falamos sobre as cousas que sabemos del: 

  • Foi un pintor.
  • Pintouse a el mesmo.
  • Pintou moitos cadros.
E tamén sobre o que queremos saber:
  • Cómo era en realidade.
  • Cómo era de pequeno.
  • Se casou.
  • Se tivo fillos.
  • Cantos cadros pintou.
  • Onde naceu, onde viviu.
  • Ver os seus cadros...

Temos moitas ganas de aprender máis cousas sobre este artista. Iniciamos dentro do proxecto de arte do CRA o traballo de investigación sobre Picasso, así que todo o que queirades aportar será moi benvido.
Deixamos aquí esta presentación para que vexades os debuxos que fixeron os nenos sobre o pintor, como actividade inicial do proxecto.

                          

Non deixedes de visitar Pintureiro, o blogue de arte do CRA de Bergondo, no que iredes atopando informacións e recursos sobre diferentes artistas.